Skip to main content
Alfoz

As beirarrúas da Seara, en Alfoz, repararanse cunha achega da Deputación

Por 9 Xaneiro, 2023Sin comentarios

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou xunto ao alcalde de Alfoz, Jorge Val, un convenio de colaboración entre ambas institucións para a reparación e remate da beirarrúas no núcleo da Seara. Con este acordo, a institución provincial achega 140.000 euros ao Concello mariñao para dotar de máis e mellores servizos á veciñanza de Alfoz.

Esta cantidade representa máis do 93% do investimento total necesario para acometer esta obra, que se levará a cabo onde se atopan os principais servizos do municipio de Alfoz, polo que estes traballos redundarán nunha mellor accesibilidade da vía e promoverá o desprazamento a pé dos veciños.

Os traballos realizaranse na LU-P-0202, a ambos lados da mesma, a través da actuación máis axeitada, xa sexa cun pavimento continuo ou cun pavimento de lousas prefabricadas. Esta actuación reparará as beirrarrúas do inicio ao punto quilométrico 0,220. Por outra banda, levarase a cabo a mellora dende o quilómetro 0,555 ao 0,760, coincidindo este tramo co Centro de Saúde, o campo de fútbol municipal e a Igrexa de San Pedro de Mor.

Apoio aos concellos

A institución provincial investiu en 2022 preto de 420.000 euros no Concello de Alfoz en diversas actuacións coma esta que se levará a cabo na Seara. Así mesmo, contou cun orzamento de 132.000 euros para o acondicionamento de camiños e actuacións no Castelo de Castrodouro e a instalación de alumeado público con 17.100 euros.

A institución provincial investiu 6.600 euros en iniciativas culturais e máis de 13.000 euros foron para entidades deportivas. No eido do turismo, a Deputación achegou 7.500 euros a través do Plan Único para a promoción do Castelo de Castrodouro.