Skip to main content
Barreiros

O Círculo Habaneiro da Devesa acolle unha fin de semana arxentina

Por 13 Xaneiro, 2023Xaneiro 14th, 2023Sin comentarios

O Círculo Habaneiro da Devesa acolle unha fin de semana arxentina no que se vestirán de albiceleste e ofrecerán un pouco da cultura, música e gastronomía arxentina. Esta cita será o venres 13 desde as 19.00 horas e o sábado 14 desde as 13.00 horas.

Terán música popular, datos culturais e pratos de degustación que podedes reservar vía whatsapp ao 689 057 538.

Ofrecerán choripanes e salsa chimichurri tradicional, e o típico asado que consta dun filete de tenreira acompañado con ensalada de patacas, ovo, chícharos e maionesa. Para beber poderase desfrutar de fernet e un licuado de banana ou amorodo, e de sobremesa haberá doce de leite.