Skip to main content
Cervo

Volve o campionato de tute e parchís de Cervo con motivo do Día Internacional da Muller

Por 16 Xaneiro, 2023Xaneiro 17th, 2023Sin comentarios

O Concello de Cervo, a través da delegación de Muller e Igualdade que dirixe Pilar Armada, organiza un ano máis o campionato de tute e parchís con motivo do Día Internacional da Muller.

Tal e como apuntou Armada, o prazo para anotarse está aberto dende este luns 16; e “aquelas mulleres interesadas en participar poden inscribirse ata o venres 20 de xaneiro, na Casa da Cultura de San Ciprián ou chamando ao número de teléfono 982 595 157”.

As competicións comezarán o luns 23 de xaneiro na cafetería da Casa do Mar e prolongaranse ata principios do mes de marzo.

Os trofeos, que serán de cerámica de Sargadelos, entregaranse na cea do Día da Muller, con data aínda por determinar.

Dende o Concello de Cervo convidan a todas as veciñas interesadas na competición a acudir a esta nova edición que regresa tras dous anos sen poder ser celebrada a causa da pandemia.