Skip to main content
Axenda CaducadaViveiro

O Seminario de Estudos Terra de Viveiro organiza unha excursión cultural a Xerdiz

Por 22 Xaneiro, 2023Sin comentarios

O Seminario de Estudos Terra de Viveiro organiza unha excursión cultural a Xerdiz e xantar de Entroido para o domingo 12 de febreiro. Nesta excursión visitarase a Fervenza da Xestosa, Casas e escolas indianas, paseo ruta cicloturistica de Ourol, cemiterios artísticos de Miñotos e Xerdiz.

A saída será ás 10.30 da mañá, dende a Estación de Autobuses de Viveiro e para participar será necesario anotarse mercando os tiquets en Aquilino Mapre a partir do 24 de xaneiro por un prezo de 25 euros socios e 28 non socios.