Skip to main content
Viveiro

Por Viveiro presentará unha moción para instar o Goberno do Estado á mellora das estradas da Mariña

Por 23 Xaneiro, 2023Sin comentarios

Bernardo Fraga Galdo, portavoz do grupo municipal de Por Viveiro, presentará ao Pleno municipal de Viveiro unha moción para instar o Goberno do Estado á mellora das estradas da Mariña.

“Nos últimos días, o xa coñecido déficit na comunicación por estrada na Mariña Central e Occidental, vén a padecer o que se pode calificar como a tormenta perfecta”, di Fraga. O corte o trafico da estrada N-642, debido o socavón na entrada de Burela dende Foz, supuxo que os usuarios da devandita estrada soportasen importantes demoras nos seus desprazamentos, con elevado impacto social e economizo para unha comarca de 70.000 habitantes.

O desvío provisional por Rúa, autorizado nun principio, foi cerrado posteriormente debido as malas condicións de seguridade, fundamentalmente para o trafico de camións e autobuses, quedando como única alternativa de comunicación a estrada LU 161 que conecta Viveiro e Ferreira.

“En Por Viveiro xa temos presentado mocións e rogos demanda construción da Autovía A-74, que comunicaría Barreiros con San Cibrao, as nosas propostas caeron en saco roto, e ano tras ano vemos como os orzamentos do estado se esquecen desta obra. Consideramos esperpéntico e lamentable que unha rotura na N-642 deixe practicamente incomunicada toda a Mariña, por carecer de alternativas rápidas e seguras por estrada”, di o voceiro.

Así, o grupo municipal pedirá instar o Goberno central a unha rápida reparación da N-642 que posibilite a recuperación total do trafico na mesma, e a activación da construción da autovía A-74 para paliar o importante déficit nas comunicación por estrada na Mariña Central e Oriental.

Tamén trasladará esta moción a tódolos concellos da Mariña e tamén á Mancomunidade de concellos, para que valoren solicitar o Goberno central o cumprimento das anteriores medidas.