Skip to main content
A PontenovaAxenda Caducada

Volve a actividade de Playback á Pontenova

Por 5 Xaneiro, 2023Sin comentarios

O Concello da Pontenova preparou varias actividades de Nadal para os máis pequenos, así, rematará o día 7 cunha actividade de Playback.

Dará comezo ás 20.00 horas no auditorio municipal, e nela participarán os nenos e nenas do Concello, así como os adultos anotados.

Esta actividade porá fin as actividades programadas para o Nadal polo Concello da Pontenova.

OUTRAS ACTIVIDADES.

A tradición seguirá coa música na que haberá un concerto a cargo da Escola de Música da Pontenova e tamén unha obra de teatro de Lume Escénico.

Tamén haberá tempo para que os Reis Magos visiten a vila e para elo comezarán o seu itineraro lanzándose na tirolina, para despois visitar a casa da cultura.