Skip to main content
AlfozAxenda Caducada

Os rapaces do IES Alfoz-Valadouro terán programa de Educación Emocional

Por 8 Xaneiro, 2023Xaneiro 9th, 2023Sin comentarios

A Concellalía de Igualdade do Concello de Alfoz organizará a partir do 11 de xaneiro e ata finais de febreiro un programa de Educación Emocional para os rapaces e rapazas do IES Alfoz-Valadouro.

A proposta foi moi ben acollida polo centro educativo que destaca que é un dos obxectivos  do departamento de orientación para o presente curso: a mellora do benestar emocionas e social do alumnado.

Levarase a cabo nas distintas horas de titoría co alumnado para cada un dos cursos de Educación Secundaria do centro

Será unha xornada para aprender a percibir, expresar e controlar as emocións. Concibir que o sentimento, o pensamento e a acción están ligados. Desenvolver, desde o respecto a si mesmo e aos demais, habilidades sociais de comunicación e de resolución de conflitos. Aprender a relaxarse…son parte dos contidos destes talleres nos que o importante é o traballo grupal cos adolescentes, para poder traballar dende a experiencia é a vivencia.