Skip to main content
Axenda CaducadaTrabada

O Picato de Trabada comunica a asistencia dos Reis Magos

Por 4 Xaneiro, 2023Sin comentarios
A asociación O Picato de Trabada vén de comunicar a asistencia dos Reis Magos o xoves día 5 de xaneiro no Concello de Trabada. Esta visita será ás 17.00 horas no salón de actos do centro cultural.
Primeiramente terá lugar a actuación de Caxoto e o seu espectáculo, e a continuación achegaranse a saudar os Reis Magos. Ao remate haberá unha chocolatada para todos os asistentes.