O Castelo de Pambre, en Palas de Rei, acolle unha nova exposición dende o vindeiro 28 de xaneiro ata o 17 de marzo.
A exposición O gabinete de Belvís conterá obras de pintura, escultura e escenografía do artista compostelán José Manuel Méndez.
A inauguración terá lugar mañá sábado 28 de xaneiro ás 12.00 no Castelo de Pambre.
