Skip to main content
O Saviñao

Papa Noel encheu de ledicia os nenos e nenas do Saviñao

Por 1 Xaneiro, 2023Xaneiro 2nd, 2023Sin comentarios

O Concello do Saviñao programou a visita de Papa Noel para que os nenos e nenas puideran desfrutar da súa presenza ata o día 25 de decembro, día no que se encargou de agasallar a todos os nenos e nenas do municipio cos elementos que pediran.

Belaquí vos deixamos unhas imaxes nas que se pode ver como Papa Noel repartiu ledicia e ilusión aos nenos do Saviñao, que este ano se portaron moi ben, e por iso tamén de seguro que os Reis Magos, que irán polas casas o vindeiro 5 de xaneiro, tamén levarán moitas sorpresas.

O Concello do Saviñao organizou a chegada do máximo representante do Polo Norte dentro das actividades de Nadal que poñen en valor o patrimonio turístico y natural deste municipio da Ribeira Sacra.