Skip to main content
Deportes SARRIAXAO PáramoSamosSarria

Que partidos de fútbol hai esta fin de semana na comarca de Sarria?

Por 13 Xaneiro, 2023Xaneiro 24th, 2023Sin comentarios

Esta fin de semana varios equipos da comarca de Sarria enfrontaranse en competicións de fúbol.

En primeiro lugar, a Sociedade Deportiva Sarriana, que está en preferente de Galicia, desafiará os xogadores da Sociedade Deportiva Cultura Residencia de Lugo no estadio deste equipo lucense, A Cheda, o domingo 15 de xaneiro ás 12.15 horas.

 

Pola súa parte, a Sociedade Deportiva O Páramo, tras o parón de Nadal e no seu primeiro partido deste 2023, enfrontarase á Agrupación Deportiva Bóveda tamén o domingo, 15 de xaneiro, no campo As Rapadas do Páramo ás 16.00 horas.

O SD O Páramo está no 3ª Autónomica no Grupo Lugo Sur.

 

En canto ao Fútbol Sala, o equipo Samos Fútbol Sala terá un encontro co Castro Carnemax ‘B’ o domingo ás 12:00 horas da mañá no pavillón de deportes de Samos.

Estes equipos forman parte da 1ª Autonómica Senior Fútbol da Federación Galega.