Skip to main content
Axenda CaducadaPol LUGOXAPol TERRACHÁXA

Os Roteiros de Pol presentan o programa de rutas para este ano

Por 3 Xaneiro, 2023Xaneiro 4th, 2023Sin comentarios

A Asociación Roteiros de Pol retomará este ano as rutas pola provincia, suspendidas durante máis de dous anos por mor da pandemia.

O colectivo programou para este 2023 que recén comeza un total de once rutas máis unha viaxe ao longo de todo o ano, cunha cita mensual.

Os percorridos darán comezo este mes de xaneiro, concretamente o día 22, co ruta Terras de Cedeira. Continuarán en febreiro, marzo (días 12) e abril (día 16) coas da Cubela en Ribas de Sil, Fontaneira en Baleira e Hayedo de Busmayor en Bajar, na provincia de León.

No mes de maior participarán na XIV Concentración de Asociación de Senderismo e Tempo Libre de Galicia e Asturias, que terá lugar na Pontenova o día 6.

No verán están previstas dúas rutas, o 18 de xuño a de Costa Naviega, na localidade asturiana de Navia, e o 9 de xullo pola chantadina Belesar.

Tralo descanso de agosto, recuperarase o ritmo en setembro con dúas citas, o 10 farán unha ruta por Pol e o 24 viaxarán ao Bierzo para facer a de Zofreral de Cobrana.

En octubre seguirán de ruta en Negueira de Muñiz coa do Pitu Caleya o día 22 e rematarán en decembro, o 3, coa do Castro de Amarante, en Antas de Ulla.

Completarán a programación unha viaxe cultural a un lugar aínda sen determinar, que terá lugar os días 10, 11 e 12 de novembro e a cea anual o 16 de decembro en Mosteiro.