Skip to main content
As Pontes

Dous mozos gañan o Premio de Investigación Hume

Por 9 Xaneiro, 2023Sin comentarios

O pontés Miguel Ledo Roca e o lucense Enrique Tort Vázquez foron os gañadores este ano do VII Premio de Investigación Hume das Pontes, convocado en 2022, por dous traballos de divulgación da historia local.

O xurado acordou outorgar o primeiro premio, cunha dotación económica de 2.000 euros e a publicación da obra na próxima revista Hume, ao traballo La Pardo. Nel se fai unha recompilación da  historia do colexio Nebrija Pardo Bazán, e que vai acompañado dun libro con fotografías.

O autor é un mozo de 23 anos que vén de rematar o grao de Bellas Artes e está a facer o de Deseño Gráfico.

O segundo premio do certame de Hume foi para A industria como soporte artístico. As Pontes de García Rodríguez, obra do lucense Enrique Tort Vázquez, graduado en Arquitectura que conta con 25 anos.

Segundo comunicou o xurado, este traballo fai un repaso da visión da industria e do patrimonio industrial a través da arte.