Skip to main content
As Pontes

Comezan traballos de mellora no local do polbo das Pontes

Por 31 Xaneiro, 2023Sin comentarios

A concelleira pontesa Ana Pena anunciou que nas próximas semanas realizaranse pequenas intervencións de mantemento no local do polbo, un espazo de uso compartido onde diariamente e de xeito permanente o longo do ano, se celebran distintas actividades e xuntanzas.

As actuacions, dirixidas a reparar pequenos desperfectos ocasionados polo seu uso continuado, non interrumpiran as actividades nin o uso habitual do mesmo.

Ademais, vén de rematar unha nova obra de mellora como o novo cerrume colocado na pista indoor, unha actuación dirixida a preservar o bo estado das instalacións públicas.