Skip to main content
Axenda CaducadaXermade

Organizan en Xermade un curso de autodefensa

Por 11 Xaneiro, 2023Sin comentarios

O Concello de Xermade organiza un curso de autodefensa para mulleres ante situacións violentas. Este terá lugar o 28 de xaneiro de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas no salón de actos da biblioteca.

A inscrición pode facerse no watsapp 678 744 178 ata uns días antes do curso.

Esta formación, que está dirixida a mulleres para defenderse de situacións violentas está ao cargo de especialistas da Federación Galega de Loita e pertencentes ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

As menores de 18 anos que acudan soas deben presentar autorización pai, nai ou titor.