Skip to main content
Barreiros

O Concello de Barreiros organiza un ano máis o Plan Maior de Seguridade

Por 16 Febreiro, 2023Sin comentarios

O Concello de Barreiros organiza un ano máis o Plan Maior de Seguridade, un programa no que se tratarán temas de prevención e mellora das seguridade na casa das persoas maiores fronte aos roubos ou calquer problema con terceiras persoas.

Estas charlas serán o 23 de febreiro no centro social San Xusto ás 16.30 horas, o 24 na escola Vilamartín Pequeno ás 11.00 horas, o 28 na escola de Santiago de Reinante ás 18.00 horas e o 1 de marzo no Canteiro de San Pedro de Benquerencia ás 11.00 horas.

As charlas serán impartidas por persoal especializado da Garda Civil.