Skip to main content
Cervo

O Entroido cervense contará con tres desfiles

Por 9 Febreiro, 2023Sin comentarios

O Concello de Cervo xa ten todo a punto para celebrar un entroido por todo o alto, con actividades e festa para todos os públicos que xirarán en torno aos tres desfiles que se celebrarán en Cervo, en San Ciprián e en San Román de Vilaestrofe.

A tenente alcalde, Dolores García Caramés e a edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, presentaron a programación xunto cos representantes das Asociacións Airiños do Xunco, a asociación Mulleres Rurais As Espalladoras e da asociación de montes veciñais de San Román e da asociación de veciños de Vilastrofe, colectivos, estes últimos que se encargan da organización dos entroidos de Cervo e de San Román, respectivamente.

Os actos de Entroido comezarán o sábado 18 en Cervo, cunha actuación infantil na carpa instalada na praza do Souto para dar paso ao prato forte, co Desfile de Entroido que terá lugar o domingo 19 de febreiro. O punto de encontro será o CEIP de Cervo,  e as inscricións estarán a disposición dos participantes de 17h a 18h alí mesmo de onde sairá o desfile ata a carpa instalada na Praza do Souto onde se fará a entrega dos premios aos mellores disfraces individuais, parellas, grupos e comparsas, que recibirán figuras de cerámica de Sargadelos e cestas con produtos típicos de Entroido; a continuación discomóbil Conxuro, poñerá os acordes á festa.

As comparsas, que deberán estar integradas por máis de 8 persoas, e que se anoten antes do sábado 18 de febreiro, recibirán unha cesta de produtos típicos de entroido.

Para máis información e para inscribirse no desfile os/as interesados/as poden chamar aos teléfonos 617 31 32 07 (Rafa) ou 627 30 93 54 (Sandra).