Skip to main content
Ribadeo

O Concello de Ribadeo continúa coas obras nos camiños

Por 10 Febreiro, 2023Sin comentarios

O Concello continúa nestes días coas obras nos camiños das parroquias. En total o investimento ascende a 700.000 euros, que son financiados a través do Plan Único da Deputación e con fondos propios municipais.

Ata Remourelle e Vilaselán se desprazaron nas últimas horas os concelleiros de Economía, Obras, Medio Rural e Medio Ambiente, Pablo Vizoso, Mónica Freire, Marcos Villamil e Jorge Díaz, para supervisar a evolución dos traballos que se están a realizar e que continuarán ao longo das vindeiras semanas noutras parroquias de Ribadeo.