Skip to main content
Axenda CaducadaTrabada

Trabada acollerá unha charla informativa sobre as axudas da PAC

Por 1 Febreiro, 2023Sin comentarios

O Concello de Trabada informa dunha charla informativa sobre as axudas da Política Agraria Común (PAC) que se celebrará o día 7 de febreiro na Casa da Cultura ás 12.00 horas.

A charla farase coa colaboración do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga) en Lugo. Vai dirixida ao sector agrogandeiro para informar das novidades e as solicitudes das axudas da PAC.

“Dende o concello xestionamos este tipo de iniciativas coa finalidade de achegarlle información útil e práctica aos veciños”, explica a alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez. Nesta reunión os asistentes tamén poderán plantexar todas as dúbidas que teñan ao respecto.