Skip to main content
Axenda CaducadaTrabada

A casa da cultura de Trabada acollerá unha sesión informativa do programa ‘A Administración Cerca de Ti’

Por 3 Febreiro, 2023Sin comentarios

A casa da cultura do Concello de Trabada acolle o xoves 9 de febreiro unha sesión informativa do programa ‘A Administración Cerca de Ti’. O horario da xornada será de 11.00 a 13.00 horas.

Persoal da Subdelegación do Goberno en Lugo ofrecerá asesoramento aos veciños e veciñas sobre os trámites e xestións habituais que deben realizar por Internet. Responderá ademais todas as dúbidas acerca da Administración electrónica.

“Desde o Concello de Trabada queremos dar servizos e información práctica á veciñanza e por iso xestionamos a nosa participación neste programa, que achega as ferramentas da administración dixital a todo tipo de usuarios”, explica a alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez.

A iniciativa ‘A Administración Cerca de Ti’ está enmarcada nas políticas de reto demográfico do Ministerio de Política Territorial, en colaboración coa FEMP, para avanzar na eliminación da fenda dixital no territorio.