Skip to main content
Axenda CaducadaTrabada

Trabada organiza un curso de autodefensa para mulleres

Por 24 Febreiro, 2023Sin comentarios

O Concello de Trabada organiza o próximo día 8 de marzo, co gallo do Día Internacional da Muller, un curso de Autodefensa para Mulleres ante Situacións Violentas.

A Escola de Vilapercide acolle esta actividade, que se desenvolverá en horario de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas.

A inscrición pódese formalizar xa nas oficinas do Concello de Trabada ou a través do teléfono 982 135 011.

O obxectivo deste curso de defensa persoal feminina é procurar que as mulleres do Concello de Trabada aprendan técnicas de autoprotección e protocolos básicos para mellorar a seguridade.