Skip to main content
Vegadeo

Aberto o prazo de candidaturas ao premio Vegadense do Ano

Por 21 Febreiro, 2023Sin comentarios

Os Amigos de Vegadeo e o seu Concello veñen de informar quexa se poden presentar as solicitudes ao premio Vegadense do Ano. O prazo de inscrición estará aberta ata o 31 de marzo.

Para mandar as propostas haberá que escribir un correo electrónico a amigosdevegadeo@gmail.com e haberá que cubrir os datos sobre o candidato, o motivo da súa proposta e o seu currículum.

O premio do ano 2022 foi para Alberto González, nado en Vegadeo en 1981, é nadador de rescate e forma parte da tripulación do helicóptero de Salvamento Marítimo Helimer Cantábrico, con base no porto do Musel, en Xixón. Desde 2017 exerce tamén como instrutor e asesor en diferentes cursos impartidos polo Centro de seguridade e formación marítima Jovellanos.

Por outra banda, iniciouse no remo no Club Remeiros do Eo en 1995, con só 14 anos, e estudou Educación Física compaxinándoa co remo de traineiras co Club de regatas de Perillo, que competía na liga galega.