Skip to main content
Becerreá

Rente ao Couce organiza unha nova edición do club de lectura

Por 22 Febreiro, 2023Xuño 21st, 2023Sin comentarios

A asociación cultural Rente ao Couce organiza unha nova edición da actividade mensual de club de lectura que terá lugar este venres 24 de febreiro. 

A actividade dará comezo ás 20.00 no bar Pistón e nesta ocasión o encontro será arredor dun libro para todas as idades, As Meigas de Lupa da autora María Solar. 

Con esta actividade a asociación busca fomentar o amor polos libros, un ocio diferente e a defensa da nosa cultura e da nosa lingua.