Skip to main content
Becerreá

O BNG presentou as súas propostas para o sector vacún en Becerreá

Por 26 Abril, 2024Sin comentarios

O BNG presentou as súas propostas para o sector vacún cunha charla aberta en Becerreá que contou coa participación do portavoz do BNG, Ovidio Montaña, e cos deputados no Parlamento Galego Secundino Fernández, técnico de Extensión Agraria e Ariadna Fernández, veterinaria.

“Estamos nun momento crucial para o sector, queremos coñecer de primeira man as necesidades do sector”, afirmou o parlamentario do BNG. A charla-debate do BNG recolleu propostas como a PAC, a situación da sanidade animal ou os eco-réximes, recollendo as opinións das persoas asistentes e presentando as propostas para avanzar cara a un modelo que garanta a continuidade do noso medio rural.