Skip to main content
Lugo

O programa de animación á lectura e contacontos conta xa con nova programación

Por 15 Febreiro, 2023Sin comentarios

As actividades que conforman a nova edición da programación de animación á lectura e contacontos xa están dispoñibles e darán comezo o vindeiro 23 de febreiro.

Segundo explicou Maite Ferreiro “con estas actividades pretendemos achegar ás máis pequenas e pequenos á biblioteca e ao mundo da lectura e dos contos, prestando ademais especial atención ao fomento da igualdade de xénero”.

“Do mesmo xeito que na última edición, realizaremos as actividades nas instalacións do MIHL, para continuar a promocionar esta instalación e a súa singularidade”, explicou a edil de Cultura, que engadiu “para asistir será preciso retirar entrada, de maneira gratuíta, no portal entradaslugo.es“.

As persoas adultas que acompañen ás nenas e nenos terán que retirar entrada, mais para dar preferencia ao público infantil, só se permitirá unha acompañante por unidade familiar, cun límite de tres entradas por persoa.

O ciclo conta cun total de seis actividades, que terán lugar entre o 23 de febreiro e o 27 de abril. Cada unha delas está dirixida a unha franxa de idade.