Skip to main content
Lugo

Esquerda Unida e Podemos acudirán en coalición ás eleccións municipais

Por 28 Febreiro, 2023Sin comentarios

As agrupacións de Esquerda Unida e Podemos Lugo alcanzan un acordo para acudir en coalición ás vindeiras eleccións municipais do 28 de maio.

Tras varias xuntanzas, nas que destacou a “cordialidade e a predisposición de lograr un acordo, ambas organizacións pecharon o pacto co cal poder presentar un proxecto para mellorar as vidas de todos e todas as cidadás de Lugo”.

Esquerda Unida e Podemos mostran “o seu agradecemento mutuo polo esforzo e a xenerosidade mostrada para conquerir éste acordo de coalición”.

O vindeiro xoves, a través dunha rolda de presa, informarán de quen será cabeza de lista e baixo que siglas acudirán ás eleccións.