Skip to main content
Monforte

O proxecto Ribeira Sacra Next AIE foi presentado no Centro do Viño de Monforte

Por 10 Febreiro, 2023Febreiro 15th, 2023Sin comentarios

O Centro do Viño de Monforte acolleu a presentación de Ribeira Sacra Next AIE, unha iniciativa que pretende unir aos colectivos empresariais da Ribeira Sacra, entendendo o territorio como unión das provincias de Lugo e Ourense.

O vindeiro 16 de febreiro ás 20.00 horas presentarase o proxecto ante o sector empresarial nun acto aberto a calquera empresa da Ribeira Sacra e animan á participación entre o “tecido empresarial avanzar unidos polo territorio”, argumentan.

Esta agrupación de empresarios das dúas provincias nace co obxecgtivo de desenvolver actividades auxiliares de toda índole que complementen ás que desenvolven os seus socios como emprensas individuais.

“Apostamos pola constitución dunha agrupación de empresas que defina os intereses do territorio en clave empresarial e social e que poña os medios para acadar os obxectivos plantexados”, aseguran.

Finalidades de Ribeira Sacra Next AIE

Os promotores consideran a Ribeira Sacra un territorio diferente e diferencial, con infinidade de posibilidades, pero tamén carencias, como a falta dun colectivo empresarial que contribúa a mellorar os resultados da actividade do conxunto das empresas radicadas neste territorio.

Tamén consideran unha limitación a visión separada do territorio Ribeira Sacra entre as provincias de Ourense e Lugo.

Con todo, Como finalidade da AIE, sinalan:

  • Dende unha perspectiva claramente empresarial, contribuir ao desenvolvemento socioeconómico sustentable do Territorio Ribeira Sacra, aproveitando as sinerxias empresariais a través da valorización dos recursos socioeconómicos, poñendo no centro ás persoas, o medio ambiente, o territorio e a innovación. 2
  • Servir de interlocutor coa Administración e Colectivos de diversa índole. 3
  • Cooperar con outros territorios diferenciados.
  • Facilitar o acceso aos diferentes Fondos Europeos, que redunden no desenvolvemento da zona e en mellorar a competitividade do seu tecido produtivo.
  • Crear un nodo tecnolóxico para a prestación de servizos e mellorar o posicionamento global do territorio Ribeira Sacra.

Manuel Dacosta destacaba na presentación que “confiamos firmemente neste territorio, pero cremos que parte dos esforzos se perden pola dispersión e a falta de unidade, por iso creamos una agrupación é 100% empresarial e 100% económica para beneficiar a un territorio que nos beneficiará a todos”.

Ata o momento están inscritas na Agrupación Empresarial Ribeira Sacra, ademais das empresas que asinaron a constitución, unha vintena de empresas: Adegas Moure, Airas Moniz, A Despensa Galega, Casa do Muros, Centro de Día Vitaxer Monforte, Curgal, Curtidos Coiro, Dalia Sistemas, Eduardo Cid, Frutas As Cumbres, Galletas Daveiga, Iberik Augas Santas, Lincold Ibérica, Manuel Bistró, Oviganic Ibérica, Rubén Moure, Tecnagi, Trespés