Skip to main content
Monforte

A XIII carreira popular de Monforte terá lugar o 2 de abril e os interesados xa poden inscribirse

Por 21 Febreiro, 2023Febreiro 22nd, 2023Sin comentarios

O Concello de Monforte abre o prazo para inscribirse na XIII carreira popular Concello de Monforte que terá lugar o domingo 2 de abril.

As persoas interesadas en participar, poderanse inscribir na páxina web do Concello ou na plataforma de inscripcións www.ccnorte.com de forma totalmente gratuita.

O evento, organizado polo Concello de Monforte a través da Concellería de Deportes, contará cun percorrido de 10 quilómetros para a carreira absoluta, completamente urbano e que transcurrirá polas rúas mais céntricas da cidade, así como percorridos para as carreiras de categorías inferiores de diferentes distancias en función da idade das persoas participantes.

O percorrido da carreira absoluta é o seguinte: Saída da Praza da Compañía – Paseo de Lugo – Carude – San Lázaro – Reboredo – Dalmiro de La Válgoma – Escultor Francisco Moure – Rúa Sarria – Avda. de Galicia – Rúa Hortas – Rúa Dr. Casares – Paseo do Malecón – Ponte Vella – Rúa Antonio Méndez Casal – Praza Campo de San Antón – Rúa Ourense – Avda. de Galicia – Rúa Cardeal – Escultor Francisco Moure – Praza da Compañía.

Todas as carreiras, incluídas as carreiras de categorías menores, contarán cun sistema de cronometraxe con chip, a excepción da carreira de categoría mini que non é competitiva.

Centros educativos

Os centros educativos de Monforte teñen a opción de realizar a inscrición colectiva ata o martes 21 de marzo.

Deste xeito, o Concello entregará os dorsais dos alumnos participantes ao centro educativo con antelación.