Skip to main content
Monforte

Adif continúa cos traballos para modernizar a estación de tren de Monforte

Por 23 Febreiro, 2023Febreiro 24th, 2023Sin comentarios

Adif avanza nos traballos de renovación e modernización da estación de Monforte de Lemos, nó ferroviario que conecta as liñas de ancho convencional León-A Coruña e Monforte-Vigo Guixar.

Esta semana, iniciará unha nova fase de traballos, que inclúe a construción dun paso inferior entre as plataformas 1 e 3, complementado con ascensores, co que incrementará a interoperabilidade e accesibilidade da estación, especialmente para as Persoas con Movilidad Reducida (PMR).

Así mesmo, mellorará as condicións de seguridade no tránsito de viaxeiros entre plataformas. Ademais, abordaranse renovacións de vías e aparellos de vías, así como a posta en servizo do novo enclavamiento da estación e obras de adaptación da catenaria á nova configuración de vías.

Servizo ferroviario

As actuacións, que se realizarán entre o 25 de febreiro e o 2 de abril, non son compatibles coa subida e baixada de viaxeiros na estación de Monforte de Lemos, polo que a empresa ferroviaria Renfe estableceu plans alternativos de transporte por estrada para os servizos programados durante este período.

A partir do 2 de abril, prevese recuperar a subida e baixada de viaxeiros na estación -con cortes alternativos de vías e plataformas- pero sen interrupción do servizo de viaxeiros.

Na estación de Monforte de Lemos vén actuando en infraestrutura, vía, catenaria, sinalización e telecomunicacións para permitir a electrificación do tramo entre Monforte de Lemos e Lugo Mercadorías, así como a adaptación de 3 kV a 25 kV da electrificación existente entre Monforte e Ourense.

Con estes traballos, Adif avanza na renovación que desenvolve na liña Ourense-Monforte de Lemos-Lugo (117 km) para mellorar as condicións de explotación comercial en termos de fiabilidade, confort e tempos de viaxe.