Skip to main content
O Páramo

Aprobouse o Plan Básico Municipal do Páramo que delimita 84 núcleos rurais

Por 14 Febreiro, 2023Sin comentarios

A Xunta aprobou o Plan Básico Municipal (PBM) do Páramo co que pretende impulsar unha ordenación responsable e sostible do concello, que ten menos de 5.000 habitantes, para garantir un territorio ordenado.

Segundo salientou a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, os PBM “son un aliciente para concellos rurais que, como é o caso do Páramo, se caracterizan por posuír un valioso patrimonio natural e cultural, e, ademais serven para impulsar un novo rural con actividades agrarias, gandeiras, forestais, tecnolóxicas, turísticas, culturais, etc.”.

No caso concreto do Páramo, este PBM delimita 84 núcleos rurais, dos que 63 son tradicionais, un é común e os 20 restantes combinan ambas condicións.

Aínda que é unha aprobación definitiva, “hai que resolver unhas cuestións técnicas en materia de recursos hídricos e augas residuais derivados duns informes sectoriais”.

Ademais, esta ferramenta urbanística tamén cataloga un total de 199 elementos do patrimonio natural e cultural do municipio: 31 arqueolóxicos, 166 arquitectónicos e 2 Bens de Interese Cultural.

O Concello do Páramo convértese, así, no cuarto municipio en contar cun Plan Básico Municipal logo da aprobación dos de Riotorto, Trabada e Ribeira de Piquín.