Skip to main content
Begonte

Begonte celebra o seu Entroido hoxe, xunto a outras citas da comarca

Por 25 Febreiro, 2023Sin comentarios

O Entroido volve a Begonte este ano coa celebración dunha nova edición do Concurso de Disfraces e Comparsas 2023, co que se pretende, segundo explica a organización, “consolidar o Entroido como unha festa de tradición popular”.

A celebración está prevista hoxe, 25 de febreiro, ás 16.30 horas cun desfile en Baamonde para o que o prazo de inscrición xa rematou o mércores 22 de febreiro.

Un ano máis haberá cinco premios para adultos en categoría individual (de entre 100 e 35 euros) e cinco en comparsas (entre 500 e 80 euros) e tres para os disfraces realizados para individuais ou comparsas para veciños de Begonte. Nestre caso os premios serán de 100 a 50 euros para o primeiro grupo e de 200 a 100 para o segundo.

Ademais, de 18.00 a 20.00 horas está prevista unha festa infantil con inchables para todos os nenos e nenas seguido dun baile de entroido que estará amenizad por discoteca móbil.

As bases de participación poden consultarse neste enlace.

E ademais…