Skip to main content
Axenda CaducadaCospeito

Organizan unha xornada informativa sobre diabetes en Muimenta

Por 5 Febreiro, 2023Sin comentarios

A Asociación Cultural Aquilino Iglesia Alvariño de Muimenta organiza este mércores, 8 de febreiro, un obradoiro de diabetes e alimentación.

A sesión terá lugar de 16.30 a 20.30 horas na casa da cultura de Muimenta coa inscrición de balde, que deberá facerse antes do día 6 de febreiro na Mercería Teresa.

A charla estará ao cargo de Sandra Amido Paz, enfermeira da área sanitaria de Lugo.

Os obxectivos do curso son mellorar a información e comprensión desta enfermidade  proporcionar aos coidadores, familiares e pacientes habilidades e coñecementos necesarios para mellorar a calidade de vida.

Falarase por tanto de que é a dieabes, a alimentación e o concepto de ración, a pirámide alimentaria, os grupos de alimentos, as equivalencias, o control das glucemias e o coidado dos pés.