Skip to main content
As PontesAxenda Caducada

O cine de estrea continúa este mes nas Pontes

Por 3 Febreiro, 2023Sin comentarios

O cine de estrea continúa este mes de febreiro nas Pontes. A programación abrirase este sábado 4  coa proxección, ás 17.00 horas, do filme El asombroso Mauricio, que volverá a proxectarse o domingo, á mesma hora. Ademais, para adultos, o sábado, ás 19.30 e ás 22.00 horas será a quenda para a proxección do filme Lobo feroz, que tamén se poderá ver o domingo, ás 19:30 horas.

Cos mesmos horarios proxectarase na fin de semana seguinte, 11 e 12 de febreiro, Astérix e Obélix. El reino medio, para todos os públicos e La Ballena para adultos.

A continuación, a fin de semana do 18 e 19 será a quenda de Babylon, que poderá verse o sábado ás 18.00 e ás 22.00 e o domingo ás 19.30 horas.

Pecharán o mes con Mi querido monstruo, que se verá o 25 ás 18.00 e o 26 ás 17.00.

As entradas está á venda en neste enlace.