Skip to main content
As PontesAxenda Caducada

As Pontes contará este mes con dúas sesións de Xoves na Biblio

Por 7 Febreiro, 2023Sin comentarios

Continúa o programa Xoves na Biblio este mes coa celebración de dúas sesións, que darán comezo o día 9 co espectáculo A igualdade non ten idade, de Luis Vallecillo, dirixida a nenos a partir de 4 anos.

Nun futuro non moi lonxano…Luis ten a oportunidade de contar cómo as rapazas e rapaces do seu tempo, foron capaces de cambiar o mundo axudando ás persoas maiores a comprender o que verdadeiramente era a igualdade. Un espectáculo con música, xogos e dinámicas divertidas descubriremos que a igualdade non ten idade.

A seguinte cita será o xoves 23, unha sesión de contacontos co título O arquivo do chibo, os contos de Pablo Pablísimo, tamén apta para nenos a partir dos 4 anos.

O arquivo do chibo e unha fabulación libre arredor do conto clásico dos 7 cabuxos e o lobo. Ollaremos nos arquivos do chibo e atoparemos cantigas de lobos esfameados, fábulas de carneiros teimudos e a historia de sete cabuxos desobedientes. Un teatriño con múltiples xanelas e espazos serven de “viñetas” para contar a xeito de banda deseñada este clásico actualizado, empregando monicreques, xoguetes, sombras… e moita moita cachifallada.

As sesións serán coma sempre, ás 18.00 horas na Casa Dopeso e de balde. Precisa inscrición previa no teléfono 982 102 562.