Skip to main content
As Pontes

A Escola de música das Pontes abre a inscrición para o curso de iniciación

Por 8 Febreiro, 2023Sin comentarios

A Banda-Escola das Pontes abriu de novo o prazo de matrícula para o novo alumnado na sección de música e movemento.

Este grupo imparte clase de Iniciación á Música, unha formación gratuíta dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 5 anos e que constitúe o paso previo a comezar a tocar un instrumento con 6 anos.

A formación consta dunha clase de 45 minutos á semana.

As persoas interesadas poden inscribirse no teléfono610 505 116 ou nas redes sociais da banda escola.