Skip to main content
As Pontes

As Pontes remata o mes cun contacontos dentro do programa Xoves na Biblio

Por 21 Febreiro, 2023Sin comentarios

O programa Xoves na Biblio remata este mes coa celebración cunha sesión de contacontos co título O arquivo do chibo, os contos de Pablo Pablísimo, tamén apta para nenos a partir dos 4 anos.

O arquivo do chibo e unha fabulación libre arredor do conto clásico dos 7 cabuxos e o lobo. Ollaremos nos arquivos do chibo e atoparemos cantigas de lobos esfameados, fábulas de carneiros teimudos e a historia de sete cabuxos desobedientes. Un teatriño con múltiples xanelas e espazos serven de “viñetas” para contar a xeito de banda deseñada este clásico actualizado, empregando monicreques, xoguetes, sombras… e moita moita cachifallada.

As sesións serán coma sempre, ás 18.00 horas na Casa Dopeso e de balde. Precisa inscrición previa no teléfono 982 102 562.