Skip to main content
RiotortoRiotorto AMARIÑAXA

O PSOE de Riotorto acusa ao alcalde de constantes “tics autoritarios”

Por 4 Febreiro, 2023Febreiro 5th, 2023Sin comentarios

Os socialistas de Riotorto denuncian os “constantes tisc autoritarios do alcalde, que merman a calidade democrática no municipio”, ao impedir o acceso a información relativa ao funcionamento do Concello á que teñen dereito os membros da Corporación.

O voceiro do PSdeG, José García Freije, explica que rexistrou varios escritos. “Concretamente, o día 8 de agosto do 2022, é dicir fai máis de 6 meses, solicitamos acceder ao expediente da residencia de maiores, así como ao rexistro de entrada e saída ordinario dos asuntos do Concello”, explicou.

Así mesmo, o pasado 22 de setembro de 2022, “volvemos a presentar outro escrito no concello, no que requiriamos os anteriores expedientes, e onde ademais deixamos constancia por escrito de que o Concello non estaba realizando as lecturas correspondentes dos contadores do 2º cuadrimestre do ano, polo que se estaba alterando o consumo real nos fogares do municipio”.

Sen embargo, “unha vez, máis atopamos coa calada e a incompetencia política por resposta”, afirmou o Voceiro socialista, quen recalcou que os concelleiros “temos dereito por Lei ao acceso de expedientes para poder desenvolver o noso traballo, pero o Alcalde non sabe pronunciar a palabra democracia, está máis acostumado ás ordenes autoritarias do PP”.

Por iso, subliñou, “queremos lembrarlle a este alcalde do PP que o artigo 14 de Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais puntualiza: tódolos membros das Corporacións Locais teñen dereito a obter do Alcalde ou da Comisión de Goberno cantos antecedentes, datos ou informacións obren en poder dos servizos da Corporación e resulten precisos para o desenvolvemento da súa función”.

“Polo tanto”, incidiu, “a Lei ampáranos e temos dereito a preguntar, a investigar a solicitar tódolos expedientes que afecten ao noso concello e ao conxunto da veciñanza. Por iso, dende aquí queremos avanzar que non descartamos recorrer ás accións legais que procedan para garantir os nosos dereitos e poder revisar esta documentación. Non imos quedarnos de brazos cruzados, mentres o PP segue a torpedear o traballo da oposición”, incidiu o voceiro.

“Esiximos transparencia e democracia no Concello de Riotorto, porque mentres o alcalde nin está, nin se lle espera, a veciñanza quere coñecer de primeira man os proxectos e iniciativas que se presentan no Concello. E nós seguiremos traballando para que Riotorto teña saídas e unha senda de futuro”, explican.