Skip to main content
Vilalba

Lazós adianta as orquestras que participarán nas súas citas festivas

Por 1 Febreiro, 2023Sin comentarios

A comisión de festas de Lanzós prepara as súas citas festivas do ano, que teñen a súa cita principal no mes de marzo coa celebración das patronais.

Os organizadores quixeron dar un avance dos grupos musicais e orquestras que formarán parte do programa festivo pero non se coñece aínda cales serán as que actuarán en cada unha das citas.

Así está prevista a participación de Satélites, D’Nika, Jaque, Fénix, Marbella, Acordes, Foliada, Eclipse, La Hora Bruja, Aixa Romay, Máster, COC ou Canteit@s do Carabullo.

Pouco a pouco irán desgranando os distintos programas previstos.