Skip to main content
Axenda CaducadaVilalba

O Vilalbés organiza o día 20 a súa festa de Entroido

Por 13 Febreiro, 2023Sin comentarios

O RC Vilalbés celebrará, como todos os anos, unha festa de Entroido, que terá lugar o luns 20 de febreiro, con sesión para pequenos e para adultos.

A sesión dará comezo ás 17.00 horas no salón do Restaurante Montero con baile infantil ata as 20.30 horas a cargo de Puzle Animación con sorteo de agasallos entre os asistentes.

Ese mesmo día, a partir das 23.00 horas está previsto o baile de adultos que se celebrará no salón de actos do Centro Cultural amenizado por Disco Móvil Eventec.

Sortearase entre os asistentes catro ceas para dúas persoas, dúas no Cristo de Goiriz, unha nos Píos e outra no Montero. Ademais tamén haberá sorteo para os socios dun fin de semana nun balneario para dúas persoas, a cargo de Zafiro Tours.