Skip to main content
Xermade

Xermade convoca a súa tradicional Cea da Muller para o día 4 de marzo

Por 24 Febreiro, 2023Sin comentarios

O Concello de Xermade conmemorará o Día da Muller, que ten lugar o 8 de marzo, coa tradicional Cea da Muller, que chega á súa XV edición.

A celebración terá lugar o sábado 4 de marzo no restaurante O paso de Candamil, a partir das 21.30 horas e constará de merluza en salsa americana e codillo de porco asado con trata tres chocolates de postre, ademais de viño da casa, gaseosa, refrescos e auga.

A xornada rematará cunha actuación musical a cargo do dúo Estrellas e un reparto de agasallos. O prazo para inscribirse, que ten que facerse no ceonllo, remata o 2 de marzo. Ten un prezo de 20 euros para mulleres empadroadas en Xermade e de 25 para as non empadroadas.