Skip to main content
Cervo

Entregados os premios dos campionatos de tute e parchís de Cervo

Por 13 Marzo, 2023Marzo 14th, 2023Sin comentarios

O Concello de Cervo preparou unha axenda cargada de eventos para celebrar o Día Internacional da Muller desde o venres 10, e durante toda a fin de semana.

Así, o sábado 11 tivo lugar a xa tradicional cea do Día Internacional da Muller, no restaurante O Noso Lar e que contou coa participación dun cento de mulleres do municipio.

Na cea fíxose entrega dos trofeos ás gañadoras dos campionatos de tute e parchís que se estiveron a xogar dende o mes de xaneiro, así como un sorteo de agasallos cedido polas asociacións. Tamén houbo un detalle para cada unha das asistentes confeccionado pola asociación de Saúde Mental A Mariña, unha bolsa de tea ilustrada con mulleres que marcaron a historia de Galicia e unhas galletas mariñas elaboradas por esta asociación.

A xornada rematou con baile na Casa do Mar, a cargo do Dúo Estrellas.

As parellas gañadoras do campionato de parchís foron Pilar Prieto e María José González, en segundo lugar Pilar Gallego e Villa Gallego e en terceira posición Toñita Casas e Toñita Mon.

No relativo ao tute, as parellas gañadoras foron Gema Deán e Pilar Prieto, a segunda Lidia Pernas e Adeli Fernández e a terceira Mari Luz Fernández e Olga Castro.