Skip to main content
Cervo

O XX Concurso Gastronómico do Ourizo de Cervo xa ten gañadores

Por 19 Marzo, 2023Sin comentarios

A localidade de San Cibrao acolleu o XX Concurso Gastronómico do ourizo con motivo da vindeira edición da Festa do Ourizo de Cervo, unha cita gastronómica declarada de Interese Turístico Galego que será o sábado 25 de marzo.

Así, A Bodega e o seu prato Ourizo sobre terra conseguiu o primeiro premio dun vale de 90 euros e unha figura conmemorativa, e o segundo premio, dun vale de 60 euros e unha figura conmemorativa, tamén recaeu na Bodega con Perla en cristal de Ourizo. O terceiro premio, dun vale de 30 euros e unha figura conmemorativa, foi para Las Titas e o seu prato Patacones.

Lembrar, que o sábado 25 de marzo e durante toda a xornada, a hostalería local ofrecerá variadas opcións culinarias que terán como protagonista este equinodermo.

Haberá moita música e ofrecerase ourizo cocido na carpa da praza dos Campos, entre outras sorpresas. Desde o Concello de Cervo convidan a todo o mundo a asistir a esta xornada de exaltación do ourizo.