Skip to main content
Foz

O PP esixe a Cajoto que xestione a limpeza e saneamento da antiga canceira

Por 16 Marzo, 2023Sin comentarios

O PP esixe a Cajoto que xestione a limpeza e saneamento da antiga canceira, fronte á piscina municipal. “Un goberno local que non se esforza por ter a cidade ou a vila que goberna limpa e aseada é un goberno que non respecta aos seus veciños, que non sinte o cariño que é esixible polo territorio que dirixe. En Foz, o déficit de limpeza é evidente, como pon de relevo reiteradamente o grupo municipal do PP”, di o seu portavoz, Javier Castiñeira, que reclama o adecentamento da antiga canceira e denuncia “o abandono por parte do equipo de goberno de Foz” deste recinto, situado nun lateral da nave de obras no porto, fronte á piscina municipal.

Castiñeira sinala: “É unha mostra máis da falta de limpeza e da desatención do goberno local aos edificios públicos e ao pobo en xeral, que carece dun bo servizo de limpeza, porque é totalmente insuficiente; resulta absolutamente necesario reorganizar este servizo”.

Os populares din que “esta imaxe da antiga canceira é a imaxe do pasotismo e da hipocrisía do alcalde, o socialista Fran Cajoto, que no seu día usouna  -estaba en moito mellor estado que agora- para criticar ao anterior goberno, que foi o que conseguiu a financiación e xestionou a nova canceira en  Escanlar”.

Os populares instan “ao bipartito a que adecente este espazo e que se preocupe máis pola limpeza e a imaxe do pobo, porque, por un lado, os veciños están fartos, e, por outro lado, dá mala imaxe de Foz aos turistas que xa empezan a chegar; lévanse unha decepción cando ven isto”.