Skip to main content
Axenda CaducadaOurol

Ourol acolle un curso sobre o bo uso dos medicamentos

Por 19 Marzo, 2023Sin comentarios

O Concello de Ourol acolle o vindeiro luns 20 de marzo un curso sobre o bo uso dos medicamentos. Este será no edificio multiusos.

Este curso ten como obxectivo promover un bo uso e concienciar á poboación sobre os beneficios e riscos asociados ao uso do medicamento.  Para participar é necesario anotarse chamando ao teléfono 982 559 109 ou 677 489 457.

Esta organizado polo Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol en colaboración coa Escola Galega de Saude.