Skip to main content
Ourol

Ourol pon en marcha un curso para mellorar a produción nas hortas

Por 11 Abril, 2024Sin comentarios

O Concello de Ourol, en colaboración coa Reserva da Biosfera Terras do Miño, pon en marcha un curso sobre os traballos de primavera para mellorar a produción nas hortas.
Neste obradoiro aprenderase como mellorar diversos aspectos para aumentar a produción, como a limpeza da terra, regadío e utensilios agrícolas, compra de vexetais e a súa colocación na horta, coidado dos cultivos ou pragas.

A actividade vai ter lugar os días 23 e 24 de abril en horario de 16.00 a 20.00 no Edificio Multiusos de Ourol. Os interesados poden facer as súas inscricións no teléfono 982 559 019 ou no 608 694 051.