Skip to main content
O Valadouro

O Seminario de Estudos do Valadouro muda de directiva

Por 20 Marzo, 2023Marzo 21st, 2023Sin comentarios

O pasado 26 de febreiro celebrouse a asemblea xeral do SEVA, Seminario de Estudos do Valadouro, durante a cal se votou unanimemente a composición da nova xunta directiva.

Así os novos cargos son Eduardo ‘Lalo’ Fernández Galán como presidente, Juan Luís Pisón Villapol como secretario, Marco Candiá como tesoureiro, e Lionel Rexes e Xesús Pisón de vogais.

Tanto a anterior directiva como a nova afirmaron o seu compromiso de continuar colaborando para a dinamización cultural do Val do río Ouro.

O Seminario de Estudos do Valadouro dende que se creou, no 2012, contribúe a dinamizar a vida cultural de Alfoz e O Valadouro.