Skip to main content
Viveiro

Míriam Bermúdez plantexa crear unha rotonda na zona dos institutos de Viveiro

Por 2 Marzo, 2023Sin comentarios

Míriam Bermúdez, a concelleira do BNG, incide en que “a día de hoxe, para poder facer un cambio de sentido na zona do pavillón municipal cóntase con dúas posiblidades: dar toda a volta polo paseo marítimo ou atravesar o aparcamento do pavillón, esquivando outros vehículos e sin un paso e accesos claros”.

En calquera das dúas opcións obrígase a pasar por dous pasos de peóns, zona transitada maiormente por escolares que ademais sofren en horas punta unha gran circulación de vehículos particulares, “parece pois, pouco axeitado obrigar e concentrar o tráfico nestas zonas tan delicadas”.

No inicio desta zona existe unha isleta triangular cunhas dimensións que permitirían habilitar unha rotonda que facilitase o cambio de sentido, polo que desde o BNG “solicitaremos comezar cos trámites necesarios para a instalación dunha rotonda nesta zona tan necesaria”.