Skip to main content
Viveiro

O luns comezan as obras de renovación e mantemento do firme na avenida viveirense de Cervantes

Por 18 Marzo, 2023Sin comentarios

O Concello de Viveiro comezará o luns, día 20 de marzo, unhas obras de renovación e mantemento do firme na avenida de Cervantes. Debido a estes traballos, desde o luns a primeira hora e polo menos durante unha semana, a avenida de Cervantes permanecerá pechada ao tráfico.

Como percorrido alternativo, habilitarase un desvío provisional a través de avenida Benito Galcerán e Rego das Frores, que estará regulado por semáforos de obra.

Aínda que estará debidamente sinalizado, non se poderá estacionar durante este período na rúa Rego das Frores para facilitar a circulación nese tramo.