Skip to main content
Cultura AMARIÑAXAXove

David Fernández, arqueólogo: “As paredes aínda conservan o revoco de morteiro de cal e pintura”

Por 24 Marzo, 2023Decembro 18th, 2023Sin comentarios
Por Ana Somoza López.

David Fernández Abella, arqueólogo da Universidade de Santiago de Compostela, do grupo ECOPAST, e director da escavación en San Tirso de Portocelo.

Como se atopa a escavación?

Os traballos de conservación e restauración das ruinas da antiga igrexa parroquial de San Tirso de Portocelo van pouco a pouco desvelando elementos ocultos polo paso do tempo.

Que significan estes elementos?

Pois os resultados da escavación están limitados por dous factores. O primeiro porque o fundamental desta intervención é unha actuación de conservación e restauración sobre o restos da igrexa.

Polo que se está a actuar nos sitios que teñen máis risco, é dicir, nos elementos que vimos que había que actuar xa. E desde logo con isto non queda totalmente restaurada, nin moito menos. Pero xa se comezou a facerse unha actuación que é de vital importancia.

A escavación está supeditada ao fundamental que é os traballos de conservación e restauración. Si que se fixo algo de escavación para saber cousas puntuais, como sobre o chan da igrexa e a que cota está, a limpeza dos muros e demais. O que tampouco puidemos facer é escavar moi fondo ou sexa baixar moito porque as paredes, que foi a novidade, aínda conservan o revoco de morteiro de cal e pintura.

Entón non se pode ou non se debe escavar e deixalo á vista sen un proxecto específico de conservación desas pinturas porque senón degradaríanse. Iso obrigounos a modificar o plan e a non escavar máis ou máis fondo.

Estas escavacións melloran o coñecemento de San Tirso.

Desde logo, é un sitio cunha potencialidade arqueolóxica moi grande porque está enriba dun castro. Ademais á nosa idea, un pouco documentarial, é que é un dos mosteiros máis antigos da Mariña.

A nivel de cultura material o único que atopamos así un pouco con relevancia foi a aparición de cerámica de época baixo medieval, que por suposto ten lóxica dentro do contexto no que estamos a escavar, pois é o de unha igrexa seguramente moi refeita ou moi reconstruída en época moderna pero de orixe medieval.

Ata cando estarán traballando?

Estaremos en San Tirso ata o día 31 de marzo é fundamentalmente agora ou que se vai a ofrecer o traballo de conservación de dous muros dos esquinais da capela. A nivel de investigación arqueolóxica de escavación non se ten plantexado facer máis.