Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAComarca LUGOXAComarca RIBEIRASACRAXAComarca SARRIAXAComarca TERRACHÁXA

Ampliado o prazo para as axudas para accións silvícolas de prevención de incendios

Por 13 Marzo, 2023Sin comentarios

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a orde pola que se amplía o prazo de presentación das solicitudes para as axudas para accións silvícolas de prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e para o incremento da capacidade de adaptación ambiental dos ecosistemas forestais. Estas achegas contan cun orzamento de preto de 10 millóns de euros, cofiinanciados polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).

Amplíase o prazo de presentación de solicitudes nun mes ata o 10 de abril. Esta ampliación permite que as persoas que xa formularon a súa solicitude no prazo transcorrido ata a modificación desta orde poidan mantela e modificala ou que persoas que non a formularan poidan facelo tendo en conta as novas condicións.

Estas subvencións van orientadas á prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e para o incremento da capacidade de adaptación e do valor ambiental dos ecosistemas forestais. Para acadar estes obxectivos, establécense dúas liñas de axuda. Por un lado, achegas para a prevención, que contemplan rareos, rozas e podas en masas de coníferas, así como accións preventivas dos danos causados nestas mesmas masas por enfermidades fúnxicas defoliadoras. Tamén se inclúen rozas en masas de piñeiro que conten con instrumentos de ordenación ou xestión forestal.

Con esta modificación, tamén se inclúen como gastos elixibles picadura para o tratamento dos restos que se obteñan da realización dos coidados culturais de voo, coa finalidade de ampliar as opcións de tratamento dos restos para a prevención de incendios en zonas de elevada pendente ou difícil acceso. Mentres tanto, a convocatoria do ano 2023 de axudas para accións silvícolas ten como gasto subvencionable a trituración, a picadura ou a extracción para o aproveitamento dos restos que se obtivesen como consecuencia da realización dos tratamentos silvícolas.

Beneficiarias

Poden ser beneficiarias destas achegas as persoas físicas ou xurídicas que sexan titulares dos terreos obxecto de axuda. Estas son maioritariamente comunidades de montes veciñais en man común, pero tamén as asociacións e agrupacións de propietarios particulares, cooperativas agrarias, proindivisos, entidades locais, comunidades de bens, montes de varas ou Sociedades de fomento forestal (Sofor).

Tamén son beneficiarios das axudas propietarios particulares de xeito individual. No que respecta ás accións silvícolas de prevención dos danos causados nas masas de coníferas por enfermidades fúnxicas defoliadoras, tamén poderán ser beneficiarias as fundacións inscritas no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.